miércoles, 13 de abril de 2016

O Libro Xigante en Pontevedra




Participei no I Libro Xigante no Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra. 
Nesta ilustración de Victor Rivas (o organizador) explícase en qué consiste o Libro Xigante.
Foi moi divertido e todo un reto para min, que non estou afeita a debuxar nun formato tan grande (50x70 cm), tan rápido e con público!



Traballando cos nenos e nenas que escribían os contos

Aquí algúns exemplos das miñas ilustracións:







Os ilustradores e ilustradoras mostrando algúnhas ilustracións ó remate do evento

E aquí Victor Rivas mostrando o resultado final, tras o encadernado, entregándo o Libro Xigante ó Salón do Libro.


Varios medios fixéronse eco da noticia (este é o Diario de Pontevedra)

¡O ano que ven espero poder participar de novo! 

As fotografías saqueinas de facebook: Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e do Libro Xigante

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada